Xoves 18 Abril 2024

Burato negro acretando con chorro

Créditos da ilustración: NASA, Swift, Aurore Simonnet (Sonoma State U.)
Créditos da ilustración: NASA, Swift, Aurore Simonnet (Sonoma State U.)

Explicación: que acontece cando un burato negro devora unha estrela? Moitos detalles fican descoñecidos, pero as observacións recentes están a fornecer novas pistas. En 2014 rexistrouse unha potente explosión nos telescopios terrestres automáticos do proxecto All Sky Automated Survey for SuperNovae (ASAS-SN ou “Exploración automática de todo o ceo na procura de supernovas”), continuado por instrumentos que incluíron ao satélite Swift da NASA en órbita. O modelado informático destas emisións cadran cunha estrela que está a ser esnaquizada por un burato negro supermasivo afastado. Os resultados de semellante colisión retrátanse na ilustración artística publicada. O propio burato negro represéntase coma un pequeno punto negro no centro. Cando a materia cae cara o burato, colisiona con outra materia e quece. Ao redor do burato negro hai un disco de acreción de materia quente que pertencía á estrela, cun chorro emanando desde o eixo de rotación do burato negro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde