Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; Procesado e licenza: Judy Schmidt

Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; Procesado e licenza: Judy Schmidt

A nebulosa Almofada

Na procura dun nome popular para a brillante nebulosa planetaria NGC 7027, aquí vista desde o Hubble

Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; Procesado e licenza: Judy Schmidt

Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; Procesado e licenza: Judy Schmidt

Explicación: é unha das nebulosa planetarias máis brillantes do ceo; como debería ser chamada? Descuberta por primeira vez en 1878, a nebulosa NGC 7027 pode verse cara a constelación do Cisne (Cygnus) cun telescopio normal de afeccionado. Rara vez recibe un alcume, en parte porque aparece aí só como unha mancha pouco definida. Porén, ao ser fotografada desde o Telescopio Espacial Hubble en órbita terrestre desvélanse grandes detalles. O estudo das imaxes do Hubble de NGC 7027 levaron ao coñecemento de que é unha nebulosa planetaria que comezou a expandirse hai uns 600 anos e que a nube de gas e po é estrañamente masiva xa que semella conter unhas tres veces a masa do noso Sol. Nesta fotografía con cores asignadas, as caracteristicas entrelazadas polo po, estratificadas e definidas de NGC 7027 poderían lembrarlle aos entusiastas do ceo a unha icona familiar que podería ser a base para un nome informal. Unha suxerencia previa coñecida foi a nebulosa Almofada; pero por favor, podes facer novas suxerencias sen compromiso. Por exemplo, nun foro de discusión en liña do APOD.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.