Xoves 28 Marzo 2024

Bólido no Ártico

Créditos da imaxe e copyright: Yang Sutie
Créditos da imaxe e copyright: Yang Sutie

Explicación: de súpeto algo moi brillante alumeou o ártico. Que era? A idea orixinal era tirar unha serie de fotografias das aurora que se poderían empregar nun vídeo secuencia. Pero cando de socato a noite rompeu en día, o astrofotógrafo decatouse axiña de que estaba a ver algo aínda máis espectacular. Movéndose polo ceo, nada menos que por diante do Setestrelo, había un meteoro das xemínidas tan brillante que podía denominarse un bólido. O meteoro brillara e alumeara durante varios segundos cando se foi. Por un golpe de boa sorte, a cámara das auroras foi quen de capturar o camiño completo. Realizadas a noite posterior ao máximo da chuvia de meteoros das xemínidas, a situación do astrofotógrafo era preto do lago Lovozero en Murmansk(Rusia), xusto ao norte do círculo polar ártico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas
00:00:30

Vídeo completo do ‘superbólido’ que cruzou o Atlántico e se viu dende Galicia

As cámaras do portal solpor.eu captan o proceso de desintegración do meteoro dende cabo Fisterra

Os osos polares, en risco de morrer de fame polo desxeo do Ártico

Un estudo demostra que as estratexias alimenticias destes animais para sobrevivir nunha contorna de terra non evitan que perdan peso