Cometa  C67/P Churyumov-Gerasimenko

Baixada a un cometa

Cometa  C67/P Churyumov-Gerasimenko

Créditos da imaxe: ESA/Rosetta/Philae/ROLIS.

Explicación: onte tivo lugar a primeira aterraxe suave sobre un cometa a uns 500 millóns de quilómetros do planeta Terra, cando o aterrador Philae da misión Rosetta se asentou no núcleo do C67/P Churyumov-Gerasimenko. O lugar de aterraxe, alcumado Agilkia, está situado preto do centro desta destacada imaxe tirada pola cámara ROLIS (ROsetta Lander Imaging System) da Philae. Tomada desde unha distancia duns 3 quilómetros, a imaxe ten unha resolución duns 3 metros por píxel na superficie. Trala liberación de Philae desde a nave, a súa longa baixada de sete horas fíxose sen propulsión nin guiado. Listo o seguemento do seu descenso, pénsase que o sistema de arpóns de ancoraxe non se disparou. O aterrador ten a intención, durante 2,5 días, de dirixir a súa principal misión científica enviando de volta un amplo número de datos e imaxes. Poida que sexa posible unha misión na superficie extendida se a luz solar e as condicións do po lle permiten aos paneis solares recargar a batería do Philae.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.