Créditos da imaxe: NASA, ESA, M. Mutchler (STScI)

Créditos da imaxe: NASA, ESA, M. Mutchler (STScI)

Baile de galaxias: NGC 4302 e NGC 4298

Un espectacular retrato do telescopio Hubble no 27 aniversario do seu lanzamento

Créditos da imaxe: NASA, ESA, M. Mutchler (STScI)

Créditos da imaxe: NASA, ESA, M. Mutchler (STScI)

Explicación: vista de canto, a galaxia espiral NGC 4302 (esquerda) atópase a uns 55 millóns de anos luz na contelación “ben peiteada” de Coma Berenices. Integrante do gran cúmulo de galaxias Virgo, abarca uns 87.000 anos luz, un pouco menos cá nosa propia Vía Láctea. Coma esta, os destacados corredores de po de NGC 4302 cortan o centro do plano galáctico, escurecendo e avermellando a luz estelar desde a nosa perspectiva. A galaxia compañeira NGC 4298, máis pequena, tamén é unha espiral poerirenta. Pero inclinada case de fronte para a nosa visión, NGC 4298 presume de corredores de po ao longo dos brazos espirais perfilados pola luz azul das estrelas novas, así como dun núcleo amarelado brillante. Na celebración do 27º aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble o 24 de abril de 1990, os astrónomos empregaron o lendario telescopio para tirar este espectacular retrato en luz visible do contrastada parella galáctica.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.