Venres 19 Abril 2024

Avance da misión Juno

Explicación: que atopará a sonda espacial Juno da NASA cando chegue a Xúpiter o vindeiro luns? Moi pouco, se Juno non sobrevive á Inserción na Órbita de Xúpiter, unha serie complexa de operación nun contorno descoñecido xusto por riba do cumio das nubes de Xúpiter. Se ten éxito, como se explicaba no vídeo publicado, Juno precipitarase ao redor de Xúpiter, pasando máis preto que calquera outra nave espacial anterior. O obxectivo é decelerar, entrando nunha órbita moi elíptica, e comezar dous anos de operacións científicas. Os obxectivos da misión científica de Juno inclúen o cartografado da estrutura fonda do planeta, determinando a cantidade de auga que hai na atmosfera de Xúpiter e explorando o seu potente campo magnético e como crea este as auroras ao redor dos seus polos. Estas leccións prometen axudar á humanidade a comprender mellor a historia do noso Sistema Solar e a dinámica da nosa Terra. Juno está impulsada sobre todo por tres grandes paneis solares, cada un do tamaño dun camión pequeno. A misión planificada da Juno, lanzada en 2011, orbitará ao xigante xoviano 37 veces despois das que, evitanto contaminar a Europa con microbios, dirixirase directamente amergullarse na grosa atmosfera de Xúpiter, onde se destruirá e fundirá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela