Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS – Panorámica: Andrew Bodrov

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS – Panorámica: Andrew Bodrov

Autorretrato nunha crista marciana

No sol 1943 da súa viaxe de exploración pola superficie de Marte, o todoterreo Curiosity tomou esta imaxe

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS – Panorámica: Andrew Bodrov

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS – Panorámica: Andrew Bodrov

Explicación: no sol 1943 da súa viaxe de exploración pola superficie de Marte, o todoterreo Curiosity gravou este autorretrato na beira sur da Crista Vera Rubin. Como xa sabes, un sol é un día solar marciano, uns 40 minutos máis longo que na Terra. O sol 1943 do Curiosity correspóndese á data terrestre do 23 de xaneiro de 2018. A panorámica en mosaico, composta tamén coma unha realidade virtual interactiva de 360 graos, combina 61 exposicións tiradas pola cámara Mars Hand Lens Imager (MAHLI ou Cámara Marciana de Lente Manual) polo todoterreo de tamaño dun coche. As instantáneas conteñen o brazo da cámara que se editou para eliminalo mentres que para o amplo fondo empregouse a cámara Mastcam do todoterreo no sol 1903. Na parte superior do mastro do vehículo, por riba da Mastcam, o recinto da ChemCam de disparo láser bloquea o cumio do monte Sharp.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.