Venres 19 Abril 2024

Aurora vibrante sobre Islandia


Créditos do vídeo e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées); Música: Eric Aron.
Explicación: por que algunhas auroras vibran? Ninguén está certo. Aínda que este comportamento estraño se coñeceu durante moito tempo, a causa fica como tema activo de investigación. Aquí publícase un vídeo espectacular que captou algunhas impresionantes auroras vibrantes a mediados de marzo sobre o glaciar Svínafellsjökull de Islandia. O vídeo de 8 segundos amosado non é un vídeo secuencia. As pulsacións en tempo real están exemplificadas por secuencias nas que se pode ver ao astrofotógrafo movéndose polo primeiro plano. Un exame máis achegado das enigmáticas cores escintilantes do ceo desvela que algunhas estruturas parecen repetirse, mentres outras non. A rapidez das pulsacións que se ven aquí son en certo xeito estrañas; máis comúns son as auroras con pulsacións que duran varios segundos. Unha investigación recente amosa que as pulsacións son máis comúns nas auroras xeradas por electróns, máis ca nas auroras de protóns, e que o Ecampo magnético local da Terra pode fluctuar ao unísono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As auroras boreais veranse en Galicia nos vindeiros meses

Rexistráronse tres episodios en apenas sete meses, mais as condicións atmosféricas impediron gozar do espectáculo

As catro veces que o fenómeno se puido ver en Galicia nos últimos cen anos

A primeira do século aconteceu o pasado domingo, pero os ceos cubertos polo paso dunha borrasca atlántica impediron a súa visualización
00:01:03

Así se viu a aurora boreal dende Almería

Unha das cámaras do Observatorio de Calar Alto gravou un vídeo 'timelapse' do histórico fenómeno

Unha aurora boreal en Galicia: a actividade solar iluminou o ceo do domingo

As nubes impediron desfrutar do espectacular fenómeno, que se puido observar dende zonas como Extremadura e Andalucía