Créditos da imaxe e copyright: Sigurdur William Brynjarsson; información das notas: Sævar Helgi Bragason

Créditos da imaxe e copyright: Sigurdur William Brynjarsson; información das notas: Sævar Helgi Bragason

Aurora sobre un volcán de Islandia

A espectacular imaxe do cráter Kerid e a festa de cores das partículas sobre a atmosfera terrestre

Créditos da imaxe e copyright: Sigurdur William Brynjarsson; información das notas: Sævar Helgi Bragason

Créditos da imaxe e copyright: Sigurdur William Brynjarsson; información das notas: Sævar Helgi Bragason

Explicación: non sempre se ve unha escena tan fermosa coma esta cando escalas un volcán antigo; hai que ter sorte. Hai dúas semanas, cando o astrofotógrafo se decatou de que habiá unha aurora, botou unha carreira nocturna deica o cumio da caldeira para ollar se podía captala tamén reflectida na lagoa central. Ao chegar atopou que… as luces do norte eran aínda máis brillantes e impresionantes ca antes! E o seu retrato resultou no mosaico publicado de 13 panorámicas. A lagoa do cráter no centro chámase Kerid (en islandés: Kerið) e ten uns 3.000 anos de idade. A aurora do alto amosa cores e bandas impresionantes, coas cores vermellas aparecendo máis arriba cás verdes na atmosfera terrestre. O ceo do fondo está cheo de iconas da noite setentrional, inluíndo Polaris, o cúmulo estelar das Pléiades e as estrelas que forman o mango do Setestrelo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.