Xoves 28 Marzo 2024

Aurora sobre falla islandesa

Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN, Earth and Stars).
Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN, Earth and Stars).

Explicación: admira a beleza máis o medo da besta. A beleza é a aurora no alto, collendo aquí a forma dunha gran espiral verde, ollándose entre nubes pintorescas coa Lúa brillante a unha beira e as estrelas no fondo. A besta está na onda de partículas cargadas que crea a aurora pero que podería, un día, afectar á civilización. Iso pasou exactamente nesta semana de 1859; olláronse auroras notables consecutivas por todo o mundo, un pulso de partículas cargadas procedentes dunha expulsión de masa coronal (CME) asociada cunha labarada solar impactou na magnetosfera da Terra tan fortemente que crearon o denominado evento Carrington. Un camiño relativamente directo entre o Sol e a Terra podería ter sido despexado por unha CME precedente. O que é seguro é que o evento Carrington comprimiu o campo magnético terrestre de xeito tan violento que as correntes que se crearon nas liñas telegráficas foron tan grandes que moitas chispearon e déronlle correntes aos operodores telegráficos. Se un evento de tipo Carrington impactase hoxe na Terra, hai a hipótese de que os danos poderían ocorrer nas redes eléctricas globais e na electrónica a unha escala nunca antes vista. A aurora publicada fotografouse a semana pasada sobre o lago Thingvallavatn en Islandia, un lago que enche parcialmente unha falla que divide as grandes placas tectónicas. de Eurasia e Norteamérica da Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

As auroras boreais veranse en Galicia nos vindeiros meses

Rexistráronse tres episodios en apenas sete meses, mais as condicións atmosféricas impediron gozar do espectáculo

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares

Superlúa azul: cando ver o fenómeno que non se repetirá ata 2037

O 31 de agosto poderase observar a segunda lúa chea do mes que, ademais, será lixeiramente máis grande e brillante do habitual