Venres 29 Marzo 2024

Aurora no polo sur de Xúpiter

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, ASI, INAF, JIRAM
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, ASI, INAF, JIRAM

Explicación: por que hai un óvalo brillante sobre o polo sur de Xúpiter? A Aurora. Na parte máis achegada do seu primeiro pase preto de Xúpiter en agosto, a sonda espacial Juno da NASA rexistrou esta espectacular imaxe en infravermellos dun anel auroral brillante. As auroras son provocadas polas partículas de alta enerxía procedentes do Sol que interactúan cun campo magnético planetario, e os óvalos ao redor dos polos magnéticos son comúns. Os datos da Juno están a dar indicios preliminares de que o campo magnético de Xúpiter e as auroras son abraiantemente potentes e complexas. Por desgraza, un problema informático fixo que a Juno entrara en modo seguro durante o seu último pase preto do xigante xoviano en setembro. Xa se resolveu ese problema, facendo que Juno estea preparada para o seu vindeiro pase sobre as nubes altas de Xúpiter o vindeiro domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites