Créditos a imaxe e copyright: Hallgrimur P. Helgason. Anotacións flotantes: Judy Schmidt

Créditos a imaxe e copyright: Hallgrimur P. Helgason. Anotacións flotantes: Judy Schmidt

Aurora fénix sobre Islandia

Créditos a imaxe e copyright: Hallgrimur P. Helgason. Anotacións flotantes: Judy Schmidt

Créditos a imaxe e copyright: Hallgrimur P. Helgason. Anotacións flotantes: Judy Schmidt

Explicación: xa marcharan a casa todos os observadores de auroras. Polas 3:30 am en Islandia, nunha noite queda do setembro pasado, moitas das auroras nocturnas xa morreran. Aínda que de súpeto, un novo estoupido de partículas fluíu desde o espazo, alumeando de novo a atmosfera da Terra. Nese momento, de xeito abraiante e pareidolia mediante, crearon unha forma asombrosa con reminiscencias dun fénix xigante. Co equipamento fotográfico a punto tiráronse dúas imaxes rápidas do ceo, seguidas de inmediato por unha terceira da paisaxe. A montaña do fondo é Helgafell, mentres que o río pequeno do primeiro plano chámase Kaldá, ámbolos dous a uns 30 quilómetros ao norte da capital islandesa de Reykjavik. Os observadores celestes estacionais notarán que xusto por riba da montaña, cara a esquerda, está a constelación de Orión, mentres que oPcúmulo aberto das Pléiades tamén se pode ver xusto por riba do centro do cadro. A nova aurora durou só un minuto para non voltar nunca, posiblemente despedida coma unha aberración engalanada, se non fose capturada no mosaico publicado de imaxes compostas dixitalmente.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.