Sábado 20 Abril 2024

Aurora entre nubes

Créditos da imaxe e copyright: Daniele Boffelli
Créditos da imaxe e copyright: Daniele Boffelli

Explicación: as auroras ocorren normalmente ben alto por riba das nubes. O brillo auroral é creado polas partículas que se moven a toda présa expulsadas desde o Sol e impactan a magnetosfera da Terra, a partires de onde as partículas cargadas caen en espiral polo campo magnético da Terra ata bater nos átomos e moléculas no alto da atmosfera. Un átomo de osíxeno, por exemplo, brillará na luz verde emitida normalmente por unha aurora tras recibir a enerxía precisa trala colisión. A parte máis baixa dunha aurora estará normalmente a 100 quilómetros de altitude, mentres que a maioría das nubes normalmente se atopan só por baixo duns 10 quilómetros. As alturas relativas de nubes e auroras amósanse con claridade na imaxe publicada desde Dyrholaey (Islandia). Alí, un astrofotógrafo resolto aturou ventos fortes e ceos inicialmente cubertos nun intento de capturar a aurora sobre un faro pintoresco, só para tomar, por casualidade, a fotografía publicada ao longo do camiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algo cheira a podre en Islandia: o xene que inflúe en como nos ule o peixe

Unha investigación atopa unha variante no xenoma dos habitantes da illa que está vinculada a unha menor aversión a este cheiro

Chega de Islandia unha borrasca con frío e choiva sobre Galicia

As baixas presións ocupan o país e ata mediados da vindeira semana non volverá o anticiclón no remate da primavera

[VÍDEO] O espectacular adianto da viaxe aos aneis de Saturno

O audiovisual da NASA foi realizado con imaxes tomadas pola sonda Cassini, tratadas dixitalmente, que formarán parte dun novo documental

Un estudo revela onde comen as baleas que visitan Galicia

Os grandes cetáceos visitan máis augas litorais que as de Islandia ou Azores, e mudan a súa dieta a finais do verán e principios do outono