Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Atravesando Marte

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Explicación: onde se dirixe o todoterreo Curiosity da NASA Marte adiante? Os seus obxectivos xeográficos son as ladeiras do monte Sharp, o cumio que se olla no fondo á dereita. Porén, o obxectivo científico principal segue a ser valorar mellor cando e onde houbo condicións favorables á vida sobre Marte, en particular para a vida microbiana. Para favorecer este obxectivo, o Curiosity foi dirixido directamente cara o terreo rugosode Nautkluft Plateau, que se olla na imaxe publicada no primeiro plano á esquerda. O Curiosity está a atravesar cara lugares máis suaves outeiro arriba con rochas que conteñen hematita e sulfatos, lugares que poderían darlle ao todoterreo rodante novas pistas de canto tempo estivo húmida esta parte de Marte (e polo tanto máis favorable á vida) antes de desecarse. Sen embargo, a preocupación recente recae nas rodas de aluminio do Curiosity, que están a amosar sinais de desgaste en aumento. Aínda que xa cubriu os obxectivos do seu estudo de dous anos, a misión do Curiosity foi estendida mentres segue a descubrir información importante sobre o extraordinario pasado de Marte, o seguinte planeta despois da Terra desde o Sol.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.