Las-temperaturas-de-los-planetas-del-sistema-solar

Así é o Sistema Solar a escala

Créditos do vídeo e copyright: Wylie Overstreet e Alex Gorosh
Explicación: queres construír un modelo a escala do Sistema Solar? Unha bóla azul de 1,4 centímetros (aproximadamente media polgada) de diámetro sería unha boa escolma para un modelo a escala da Terra. Como o Sol ten 109 veces o diámetro da Terra, un balón de 1,5 metros de diámetro podería representar ao Sol. Pero a distancia entre a Terra e o Sol, 150 millóns de quilómetros, traduciríase a uns 180 metros (590 pés) na mesma escala. Iso significaría que o proxecto completo, incluíndo as órbitas dos planetas máis exteriores, probablemente non encaixarían no teu patio. Con todo, poderías atopar espazo abondo no leito dun lago seco. Admira neste vídeo unha viaxe inspiradora ao través do Sistema Solar a escala.

Unha resposta a “Así é o Sistema Solar a escala”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.