osiris rex

Así foi o lanzamento da nave Osiris-Rex

Explicación: algunha vez ollaches a un foguete despegar cara o Sistema Solar? O mes pasado un foguete Atlas V grande despegou desde o Complexo de Lanzamentos 41 en Florida levando á nave espacial ORISIX-REx. Esta sonda automática tentará aterrar no asteroide Bennu e traer de volta algo do seu solo á Terra. O asteroide101955 Bennu que orbita ao Sol preto da Terra, cuns 500 metros de diámetro, é escuroporque a súa superficie está cuberta de carbono; habendo unha posibilidade de 1 entre 2500 de que bata coa Terra nos vindeiros milleiros de anos. O emocionante vídeo de 2,5 minutos amosa ao foguete Atlas V sendo enrolado, preparado e despegando; completado cunha curta dos propulsores laterais afastándose. Se as cousas transcorren consonte ao plan, a ORISIS-REx chegará a Bennu en 2018 e traerá de volta mostras á Terra en 2023. Un obxectivo científico de OSIRIS-REx é determinar mellor se as antigas colisións entre a Terra e os asteroides carbonáceos coma Bennuaportaron ao noso planeta cantidades significativas de auga e moléculas orgánicasnecesarias para o desenvolvemento da vida.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.