Venres 29 Marzo 2024

As sentinelas dun ceo setentrional

Créditos da imaxe e copyright: Pierre Destribats.
Créditos da imaxe e copyright: Pierre Destribats.

Explicación: quen garda o norte? A fotografía publicada tirouse o marzo pasado na Laponia finlandesa, onde a meteoroloxía ofrece temperaturas por baixo da conxelación e neve a esgalla. Ás veces aparecen paisaxes surrealistas, nos que sentinelas brancas de apariencia extraterrestre semellan patrullar a paisaxe. Aínda que, en realidade, os extraterrestres son árbores cubertas de neve e a casoupa vermella que parece gardalas é unha casa auxiliar. Afastado na distancia, detrás desta vista terrestre tan rara, hai un fermoso ceo nocturno que inclúe unha aurora verde, estrelas brillantes e ronseis de satélites en órbita. Por suposto, na primavera as árbores desconxélanse e Laponia ten un aspecto moi diferente.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente