Chuvia de estrelas sobre o Monte Shasta (California).

Chuvia de estrelas sobre o Monte Shasta (California).

As Perseidas sobre o monte Shasta

Chuvia de perseidas sobre o Monte Shasta (California).

Chuvia de perseidas sobre o Monte Shasta (California).

Créditos da imaxe e copyright: Brad Goldpaint (Goldpaint Photography)
Explicación: de onde proveñen todos eses meteoros? En termos de dirección celeste, a resposta é a constelación de Perseo. Iso é porque a chuvia de meteoros que chega ao seu máximo a finais desta semana coñécese como as perseidas; todos os meteoros semellan vir desde un radiante que apunta a Perseus. Aínda que en termos de corpo orixe, os refugallos do tamaño de area que orixinan os meteoros das perseidas veñen do cometa Swift-Tuttle. O cometa segue unha órbita ben definida ao redor do Sol, e a parte que se achega á Terra está superposta con Perseo. Polo tanto, cando a Terra cruza esta órbita, o radiante que seguen os restos que caen mira a Perseo. A imaxe composta que se publica aquí, que contén uns 60 meteoros da chuvia de meteoros das Perseidas do agosto pasado, amosa moitos meteoros brillantes que deixan a súa marca sobre o monte Shasta (California, EUA). As perseidas deste ano promete ser a mellor chuvia de meteoros do ano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.