Nubes de Orión

As nubes de Orión, o cazador

Nubes de Orión

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo.

Explicación: as garderías estelares de Orión o Cazador, arroladas en po cósmico e hidróxeno brillante, atópanse no bordo das enormes nubes moleculares a uns 1.500 anos luz de distancia. Esta vista, que quita o alento, abarca uns 30 graos, esténdose pola ben coñecida constelación desde a cabeza aos pés (de esquerda a dereita) e máis alá. A 1.500 anos luz de distancia, a Gran Nebulosa de Orión é a gran rexión de formación estelar máis achegada, visible aquí xusto á dereita e por baixo do centro. Á súa esquerda está a nebulosa Cabeza de Cabalo, M78, máis as estrelas do cinto de Orión. Tamén atoparás á xigante vermella Betelgeuse no ombreiro do cazador, a brillante azul Rigel no seu pé, a nebulosa Cabeza de Meiga por riba de Rigel (e sendo alumeada por ela) e a nebulosa Lambda Orionis (Meissa) á esquerda, preto da cabeza de Orión. Por suposto, a nebulosa de Orión e as estrelas brillantes son sinxelas de ver a simple vista, pero as nubes de po e a emisión procedemte do estenso gas interestelar neste complexo cheo de nebulosas son demasiado tenues e moito máis difíciles de rexistrar. Neste mosaico de imaxes telescópicas de banda ampla, adquiríronse datos adicionais cun filtro estreito de hidróxeno alfa para salientar as volutas ubicuas de gas hidróxeno atómico ion coma o arco do xigante Bucle de Barnard.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.