Créditos da imaxe e copyright: John Ebersole

Créditos da imaxe e copyright: John Ebersole

As nubes da nebulosa Carina

Créditos da imaxe e copyright: John Ebersole

Créditos da imaxe e copyright: John Ebersole

Explicación: que é o que está a espreitar desde o interior das brétemas da nebulosa Carina? As ominosas figuras escuras son realmente nubes moleculares, nós de gas molecular e po tan mestos que chegaron a ser opacos. Porén, en comparación, estas nubes son normalmente moito menos densas que as atmosfera terrestre. Aquí publícase unha imaxe polo miúdo do núcleo da nebulosa Carina, unha parte onde as nubes de gas e po, tanto escuras como de cor, destacan especialmente. A imaxe captouse o mes pasado desde o Observatorio Siding Spring de Australia. Aínda que a nebulosa está composta sobre todo por gas hidróxeno; aquí en cor verde, na imaxe asignáronse cores de xeito que a luz emitida polos cantidades de xofre e osíxeno aparecen en vermello e azul, respectivamente. Toda a nebulosa Carina, catalogada coma NGC 3372, espállase uns 300 anos luz e atópase a uns 7.500 anos luz de distancia na constelación de Carina. Eta Carinae, a estrela máis potente da nebuosa, era unha das estrelas máis brillantes do ceo na década de 1830, pero entón esmoreceu de xeito espectacular.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.