Créditos da imaxe e copyright: Ezequiel Etcheverry

Créditos da imaxe e copyright: Ezequiel Etcheverry

As nebulosas Norteamérica e Pelícano

Créditos da imaxe e copyright: Ezequiel Etcheverry

Créditos da imaxe e copyright: Ezequiel Etcheverry

Explicación: aquí atopamos formas familiares en lugares non familiares. Á esquerda hai unha nebulosa de emisión catalogada coma NGC 7000, famosa en parte porque lembra ao continente de Norteamérica do noso fermoso planeta. A rexión de emisión da dereita da nebulosa Norteamérica é IC 5070, tamén coñecida polo seu suxerente perfil como a nebulosa Pelícano. As dúas nebulosas brillantes, afastadas por unha nube escura de po escurecedor, están a uns 1.500 anos luz de distancia. A esa distancia, os 4 graos do campo de visión abarcan 100 anos luz. Este retrato cósmico espectacular combina imaxes de banda estreita para salientar as brillantes frontes de ionización con detalles finos de formas escuras e poeirentas en silueta. A emisión do hidróxeno, xofre e osíxeno atómicos cáptase na imaxe de banda estreita en cores asignadas cientificamente. Estas nebulosas poden ollarse con binoculares desde unha localidade escura.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.