Créditos da imaxe e copyright: Thomas Lelu

Créditos da imaxe e copyright: Thomas Lelu

Arrodeando o fulgor de Cefeo

Créditos da imaxe e copyright: Thomas Lelu

Créditos da imaxe e copyright: Thomas Lelu

Explicación: figuras arrepiantes parecen estar a rodear esta extensión enfeitada con xoias, vagando de noite pola constelación real de Cepheus (Cefeo). Claro está que as figuras son nubes de po cósmico apenas albiscadas pola lixeira reflexión da luz estelar. Afastadas da nosa veciñanza do planeta Terra, axexan as fronteiras do complexo de nubes moleculares do Fulgor de Cepheus a uns 1.200 anos luz de distancia. Cuns 2 anos luz de diámetro e máis brillante que outras aparicións pantasmais, vdB 141 ou Sh2-136 tamén é coñecida coma a nebulosa Pantasma, óllase á dereita do estrelecido campo de vista. Dentro da nebulosa están os desveladores indicions de núcleos densos a colapsar nos estadios temperáns de formación estelar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.