Sábado 20 Abril 2024

Arp 159 e NGC 4725

Créditos da imaxe e copyright: Stephen Leshin.
Créditos da imaxe e copyright: Stephen Leshin.

Explicación: estrelas con puntas e galaxias raras enchen esta instantánea cósmica, unha imaxe telescópica da ben enfeitada constelación Coma Berenices. As estrelas, brillantes abondo para amosar as puntas de difracción, están no primeiro plano da escena, ben dentro da nosa propia Vía Láctea. Pero as dúas galaxias destacadas sitúanse ben lonxe de nós, a uns 41 millóns de anos luz de distancia. A galaxia máis pequena e retorta á esquerda, tamén coñecida coma NGC 4747, é a entrada número 159 do “Atlas Arp de Galaxias Raras”, con amplas colas de marea que indican as fortes interaccións gravitatorias do seu pasado. Cuns 100.000 anos luz de diámetro, a súa probable compañeira da dereita é a moito máis grande NGC 4725. Nunha primeira ollada, NGC 4725 semella ser unha galaxia espiral normal, coa súa rexión central dominada por unha luz amarelada das estrelas frías e máis vellas, deixándolle o camiño aos cúmulos de estrelas máis novas, azuis e quentes ao longo dos arrabaldes espirais poeirentos. NGC 4725 aínda semella un pouquiño máis rara co seu único brazo espiral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang