Venres 29 Marzo 2024

Arcos de primavera

Créditos da imaxe e copyright: Ondrej Kralik
Créditos da imaxe e copyright: Ondrej Kralik

Explicación: dous arcos luminosos estricábanse ao través da cúpula do ceo nesta noite da primavera setentrional. Tralo solpor do 29 de marzo, a panorámica montañeira foi rexistrada en 57 exposicións desde o cumio Chopok na Eslovaquia central a unha altitude duns 2.000 metros. O arco da Vía Láctea norteña é visible cara a dereita, pero despois de que supere as luces terrestres desde a perspectiva do cumio. Ao pasar o serán, aínda pendura preto do horizonte máis feble un segundo arco luminosos da luz zodiacal, cruzando preto do centro da Vía Láctea. O po do plano da eclíptica reflicte a luz solar para crear a brillo zodiacal, que destaca normalmente tralo solpor nos ceos claros e escuros da primavera do norte. Case oposto ao Sol, Xúpiter brilla intensamente preto do horizonte cara a esquerda. Como Xúpiter está preto da eclíptica, semella estar dentro do lixeiro brillo da banda zodiacal que tamén está en oposición ao Sol e que se denomina Gegenschein.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites