Venres 29 Marzo 2024

Arco da vella sobre Bryce Canyon

Créditos da imaxe e copyright: John Rummel
Créditos da imaxe e copyright: John Rummel

Explicación: que está a acontecer sobre Bryce Canyon? Dous efectos ópticos diferentes que foron captados nunha fotografía tirada a comezos deste mes. Ámbolos dous efectos necesitaron ter o Sol situado directamente por tras do fotógrafo. A aparición máis achegada foi o común arco da vella, que creou o chorro da luz solar desde o sol poñéndose sobre a cabeza do fotógrafo, e difundida polas pingas de auga á fronte do cañón. Se ollas de fite, incluso aparece un segundo arco da vella por riba do primeiro. Máis raro, e quizais máis impactante, son os raios de luz que emanan desde o horizonte por riba do cañón. Son os coñecidos coma raios anticrepusculares e resultan dos chorros de luz solar que se rachan nas nubes, ao redor do ceo, e converxen no punto a 180 graos ao redor desde o Sol. Xeometricamente, este punto antisolar debe coincidir co centro exacto dos arcos da vella. Localizado en Utah, EUA, o propio Bryce Canyon contén unconxunto pintoresco de antigas agullas de rochas sedimentarias coñecidas coma hoodoos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente