Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech

Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech

Apagamentos sen explicación en KIC 8462852

Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech

Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech

Explicación: por que tremeloce a estrela KIC 8462852? Ninguén o sabe. KIC 8462852 , dalgún xeito unha estrela semellante ao noso Sol, foi unhas das moitas estrelas afastadas que estivo a ser examinada polo  satélite automático Kepler da NASA para ollar se tiña planetas. Os científicos cidadáns que de xeito voluntario revisaron os datos xunto coas súas computadoras atoparon este caso estraño onde o brillo da estrela caía de xeitoinesperado tanto como un 20 por cento durante meses; pero despois recuperábase. As razóns habituais para a diminución do brillo (como eclipses por planetas en órbita ou compañeiros estelares) non cadraban coa natureza non repetitiva das diminucións. Unha teoría que se debate na actualidade é que pode deberse a unha nube de cometas ou refugallos dun planeta esnaquizado pero isto non explicaría os datos que indican que a propia estrela chegou a ser lixeiramente máis tenue durante os últimos 125anos. De calquera xeito, publicamos aquí unha ilustración artística dun planeta escachando, coa idea de representar a NGC 2547-ID8, un sistema diferente que amosa evidencias noinfravermello dunha colisión parecida. As observacións recentes de KIC 8462852 non detectaron brillo infravermello dun disco de po en órbita pechada, pero dan a pista de que o sistema podería ter un disco semellante máis lonxe. As observacións futurasestimularán e crearán especulacións orixinais que seguro terán continuidade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.