Ao través do Sol

Ao través do Sol

Ao través do Sol

Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand.

Explicación: un longo filamento solar estírase atravesando unha superficie do Sol relativamente calma nesta instantánea telescópica tirada o 27 de abril. A imaxe de banda estreita en negativo ou invertida fíxose coa luz de átomos de hidróxeno ionizado. Tal e como se ve na parte superior esquerda, a magnífica cortina de plasma magnético está por riba da superficie e realmente chega máis alá do bordo do Sol. Como é de longo o filamento solar? Aproximadamente como a distancia da Terra á Lúa, ilustrado pola escala inserida á esquerda. Seguindo cara a dereita polo disco solar un día despois o longo filamento entrou en erupción, despegando da superficie solar. Detectada polos satélites que axexan ao Sol, tamén estourou unha exección de masa coronal desde o mesmo lugar pero agárdase que pase moi de longo do noso fermoso planeta.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.