Eclipse de Sol desde un avión

Ao través da sombra da Lúa

Créditos do vídeo e copyright: Stephan Heinsius (Eclipseland).
Explicación: como sería voar ao través dunha eclipse total do Sol? Nun lugar típico da Terra no camiño da sombra escura da Lúa durante unha eclipse total, un observador ollaría á Lúa cruzando a faciana do Sol, bloqueándoo por completo durante uns poucos minutos. Unha visión particularmente clara da escuridade creada na Terra durante a eclipse solar total do último mes foi captada por un avión que voaba ao través da sombra umbral da Lúa. Un segundo de tempo do vídeo secuencia publicado correspóndese aproximadamente a un minuto de tempo real. A sombra da Lúa vén desde a dereita e fuxe pola esquerda, mentres todas as localidades da Terra de fóra da sombra umbral, a uns 100 quilómetros de distancia, fican parcialmente alumeadas. Durante a próxima eclipse solar de mediados de setembro a Lúa bloqueará, como moito, só unha parte do Sol.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.