Cygnus Wall Walker

Ao longo do muro do Cisne

Cygnus Wall Walker

Créditos da imaxe e copyright: Jimmy Walker.

Explicación: a cordilleira de emisión con forma de W nesta vívida paisaxe celeste é coñecida coma o muro do Cisne. A cordilleira cósmica, parte dunha nebulosa de emisión máis grande cun distintivo perfil chamado popularmente a nebulosa Norteamérica, abarca uns 20 anos luz. O mosaico de dúas fotografías, construídas usando datos de banda estreita para salientar o desvelador brillo avermellado procedente de átomos de hidróxeno ionizado que se recombinan con electróns, segue a un fronte de ionización con detalles finos de formas escuras e poeirentas en silueta. As formas escuras que poboan a imaxe, esculpidas pola potente radiación procedente de estrelas novas, quentes e masivas da rexión, son nubes de gas e po fríos con estrelas que probablemente se estean a formar no seu interior. A propia nebulosa Norteamérica, NGC 7000, está a uns 1.500 anos luz de distancia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.