Sábado 20 Abril 2024

Aneis ultravioleta de M31

Créditos da imaxe: GALEX, JPL-Caltech, NASA
Créditos da imaxe: GALEX, JPL-Caltech, NASA

Explicación: a tan só 2,5 millóns de anos luz de distancia a galaxia Andrómeda, tamén denominada M31, realmente está na porta do lado das grandes galaxias. Tan achegada e abarcando uns 260.000 anos luz, ao telescopio do satélite Galaxy Evolution Explorer(GALEX) levoulle 11 imaxes de campo diferentes producir este retrato excepcional da galaxia espiral en luz utravioleta. Mentres os seus brazos espirais destacan nas imaxes de luz visible de Andrómeda, os brazos parécense máis a aneis na imaxe en ultravioleta do GALEX, unha visión dominada pola potente luz que procede das estrelas masivas, novas e quentes. Os aneis, como lugares de intensa formación estelar, téñense interpretado coma unha evidencia de que Andrómeda colisionou coa súa veciña máis pequena, a galaxia elíptica M32, hai máis de 200 millóns de anos. A gran galaxia Andrómeda maila nosa propia Vía Láctea son os membros máis masivos do grupo de galaxias locais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón