Aneis e estacións de Saturno

Aneis e estacións de Saturno

Aneis e estacións de Saturno

Créditos da imaxe e copyright: Damian Peach/SEN.

Explicación: en Saturno, os aneis cóntanche cal é a estación. Na Terra, hoxe marca o solsticio, o momento no que o eixo da Terra inclínase directamente cara o Sol. No hemisferio norte da Terra, hoxe é o solsticio de verán, o día de maior luz solar. Como os grandes aneis de Saturno orbitan ao longo do ecuador do planeta, estes aneis aparecen do xeito máis destacado, desde o punto de vista do Sol, cando o eixo de Saturno apunta cara o Sol. Á inversa, cando o eixo de Saturno apunta cara o outro lado, ocorre un equinoccio e os aneis de canto son difíciles de ollar. Na imaxe publicada, superpuxéronse fotografías de Saturno durante os pasados 11 anos para amosar o planeta xigante pasando desde o verán meridional cara o verán setentrional. Aínda que Saturno só chegará ao solsticio de verán setentrional en maio de 2017, a imaxe do planeta que se parece máis ao soslticio terrestre de hoxe é a que está abaixo de todo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.