Venres 29 Marzo 2024

Analema na Antártida

Créditos da imaxe e copyright: Adrianos Golemis.
Créditos da imaxe e copyright: Adrianos Golemis.

Explicación: volta o Sol ao mesmo lugar do ceo cada día? Non. Unha resposta mellor e máis visual para esa pregunta é un analema, a posición do Sol no ceo todos os días do ano, se o observamos dende o mesmo punto á mesma hora. Así que esta é unha imaxe composta que se tirou desde o mesmo lugar á mesma hora durante o curso dun ano. O analema semanal publicado tirouse a pesares das temperaturas frías e os fortes ventos preto da Estación Concordia da Antártida. A posición do Sol foi capturada ás 16:00 en moitos días na imaxe composta dixitalmente. A razón de que a imaxe só amose o Sol desde setembro a marzo débese a que o Sol estaba por baixo do horizonte en gran parte durante o resto do ano. De feito, dende o recente equinoccio de outono, o Sol amence no polo Sur despois de seis meses de ausencia e non se porá de novo outra vez ata o vindeiro equinoccio de marzo, descubrindo grandes efectos atmosféricos de refracción. E, á inversa, o Sol vén de poñerse no polo Norte despois de medio ano de luz diurna continua.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Confirmada a presenza de gripe aviaria por primeira vez na Antártida

O virus detectouse en mostras de aves mortas, achadas por científicos arxentinos nas proximidades da base 'Primavera'
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

Científicos galegos buscan na Antártida procesos naturais que afecten á supervivencia do planeta

Falamos co investigador Mariano Lastra, quen estuda a degradación das algas baixo distintos niveis de radiación e como isto afecta aos nutrientes dispoñibles