Venres 19 Abril 2024

Anáglifo do Apollo 17 desde lugar VIP

Créditos da imaxe: Gene Cernan, Apollo 17, NASA; Anáglifo por Erik van Meijgaarden
Créditos da imaxe: Gene Cernan, Apollo 17, NASA; Anáglifo por Erik van Meijgaarden

Explicación: colle os teus lentes vermello/azuis e comproba esta escena en estéreo do val Taurus-Littrow sobre a Lúa! O anáglifo en cor amosa unha vista 3D polo miúdo do todoterreo lunar da misión Apollo 17 en primeiro plano; por tras está o Módulo Lunar e os outeiros lunares ao lonxe. Como todo o mundo puido ollar o despegue da etapa de ascenso do Módulo Lunar grazas á cámara de TV do todoterreo, este lugar de aparcamento tamén se coñeceu como o lugar VIP. En decembro de 1972, os astronautas do Apollo 17 Eugene Cernan e Harrison Schmitt pasaron unhas 75 horas na Lúa, mentres o compañeiro Ronald Evans orbitaba por riba. A tripulación voltou con 110 quilogramos de rochas e mostras de solo, máis que de calquera outro dos lugares de aterraxe lunar. Cernan e Schmitt aínda son os últimos en camiñar (ou conducir) na Lúa.

Ceos Galegos, unha imaxe diaria con texto didáctico e un calendario astronómico xa está no aire.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150