Venus e Marte no luar

Amor e guerra no luar

Venus e Marte no luar

Créditos da imaxe e copyright: Kevin Bourque.

Explicación: Venus, chamado pola deusa romana do amor, e Marte, o homónimo do deus da guerra, viñeron xuntos no luar desta encantadora vista do ceo, gravada o 20 de febreiro desde Charleston, Carolina do Sur (EUA), planeta Terra. Esta exposición de tres segundos de tempo, feita entre o lusco e fusco cunha cámara dixital, tamén capta o brillo da Terra alumeando a superficie, doutro xeito escura, da Lúa crecente nova. Claro está que a Lúa xa se moveu desde esta conxunción triple da que xa falaramos daquela. Venus aínda brilla no oeste coma a estrela verpertina, o terceiro obxecto máis brillante no ceo da Terra, tralo Sol maila propia Lúa. Un Marte moito máis feble, que se ve aquí case á distancia dunha Lúa de Venus, chegaba aínda máis preto no serán seguinte. Pero Marte xa se foi afastando paseniñamente do brillante Venus, aínda que tamén é visible aínda no crepúsculo occidental.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.