Créditos da imaxe e copyright: Ian Sharp.

Créditos da imaxe e copyright: Ian Sharp.

Aí ven o cometa Catalina…

Créditos da imaxe e copyright: Ian Sharp.

Créditos da imaxe e copyright: Ian Sharp.

Explicación: farase visible a simple vista o cometa Catalina? Dado o impredicible dos cometas, ninguén pode afirmalo con seguridade, pero semella ser unha boa aposta. O cometa descubriuse en 2013 por observacións do Catalina Sky Survey (ou Exploración Celeste Catalina). Desde entón, o cometa C/2013 US10 (Catalina) brillou arreo e agora está a ser máis brillante cá magnitude 8, facéndoo visible con prismáticos e imaxes de longa duración de cámaras. Mentres o cometa se achega cada vez máis ao Sistema Solar interior de certo que continurá a intensificarse, facéndose posiblemente un obxecto visible a simple vista nalgún momento de outubro e chegando ao máximo nalgún momento a finais de novembro. O cometa residirá principalmente nos ceos do hemisferio meridional ata mediados de decembro, momento no que a súa órbita moi inclinada o traerá axiña aos ceos setentrionais. O cometa Catalina, que aparece enriba, foi fotografado a semana pasada amosando unha coma verde e dúas colas medrando.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.