Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA

Ahuna Mons en 3 dimensións

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA

Explicación: pilla os teus lentes vermellos/azuis e contempla Ceres e a misteriosa montaña Ahuna Mons. O mosaico de imaxes, que se amosa nunha vista en perspectiva, un anaglifo 3D, foi captado en decembro de 2015, tomado desde a órbita de cartografado a baixa altitude da nave espacial Dawn a uns 385 quilómetros por riba da superficie do planeta anano. Un accidente xeográfico destaca con forma de cúpula sobre Ceres, con ladeiras inclinadas e lisas; Ahuna Mons ten uns 20 quilómetros de diámetro na súa base, erguéndose unha media de 4 quilómetros ata un cumio plano. Cun tamaño semellante ás montañas que se atopan no planeta Terra, non hai outro rasgo da superficie de Ceres tan alto e ben definido. Non se coñece o proceso que formou o solitario Ahuna Mons, ou se o material brillante que raia o seu lado máis inclinado é do mesmo material responsable das famosas manchas brillantes de Ceres.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.