Venres 19 Abril 2024

Achegándose ao asteroide Ceres

Achegamento ó asteroide Ceres

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA/PS

Explicación: é o meirande asteroide do cinto de asteroides; que secretos ten? Para averigualo, a NASA enviou a sonda espacial automática Dawn para explorar e cartografar este mundo grande e críptico de 1.000 kilómetros: Ceres. Orbitando entre MarteXúpiter, Ceres está oficialmente categorizado coma un planeta anano pero nunca foi fotografado polo miúdo. Esta imaxe GIF de 20 fotogramas foi realizada hai unha semana durante o achegamento da Dawn, que xa rivaliza coas mellores fotografías de Ceres tomadas anteriormente polo Telescopio Espacial Hubble. O vídeo amosa con abonda definición superficial como para discernir o seu periodo de rotación de 9 horas. Co obxectivo de chegar a Ceres a comezos de marzo, a Dawn igualará a velocidade e tentará orbitar este corpo sen explorar previamente, tomando imaxes e datos que poida que axuden á humanidade a comprender mellor non só a natureza e a historia de Ceres, senón tamén a historia primixenia de todo o noso Sistema Solar.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito