Xoves 28 Marzo 2024

Achegamento por riba do solpor

Créditos da imaxe: ESA, NASA
Créditos da imaxe: ESA, NASA

Explicación: aí a vai! A nave de carga Cygnus foi unha visión ben recibida para os astronautas da Estación Espacial Internacional xusto hai unha semana. Lanzada tres días antes sobre un foguete United Launch Alliance Atlas V desde cabo Canaveral (Florida), a nave espacial Cygnus pertencente a Orbital ATK achegouse á Estación Espacial Internacional por riba dun pintoresco fondo do planeta Terra. O Sol estaba poñéndose por fóra da parte superior esquerda da imaxe, alumeando as nubes ben por baixo do vehículo que se achega. A nave espacial automática Cygnus foi captada por primeira vez pola cámara e despois coa Canadarm2 da estación espacial polo enxeñeiro de voo da ESA Thomas Pesquet e a comandante da expedición 51 da NASA Peggy Whitson. A comandante Whitson, unha bioquímica, vén de establecer unha nova marca estadounidense do maior número total de días no espazo. Ademais do imprescindible, a Cygnus transportou o equipamento para fornecer uns 200 experimentos científicos que están a ser dirixidos no posto remoto que orbita a Terra, do tamaño dun campo de fútbol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites