A Vía Láctea sobre o Templo de Poseidón

A Vía Láctea sobre o Templo de Poseidón

A Vía Láctea sobre o Templo de Poseidón

Créditos da imaxe e copyright: Alexandros Maragos. Anotacións: Judy Schmidt.

Que é iso que brilla ao lonxe? Parece un faro, pero en realidade os raios de luz emanan do Templo de Poseidón que hai no cabo Sunion, en Grecia. En primeiro plano, algunhas luces do templo reflíctense no mar Exeo. Aínda que é un monumento para o mar, nesta fotografía as luces do templo parecen sinalar determinados lugares do ceo. Por exemplo, o gran raio cara á dereita apunta fortuitamente á nebulosa da Lagoa da banda central da Vía Láctea que se estende en diagonal cara a abaixo dende a parte superior esquerda. E o feixe case vertical parece apuntar ás nubes de estrelas que hai na dirección do cúmulo estelar aberto do Parrulo Salvaxe. A imaxe captouse hai menos de tres semanas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.