Venres 29 Marzo 2024

A Trompa de Elefante

Créditos da imaxe e copyright: J.C. Canonne, P. Bernhard, D. Chaplain & L. Bourgon
Créditos da imaxe e copyright: J.C. Canonne, P. Bernhard, D. Chaplain & L. Bourgon

Explicación: como unha ilustración galáctica do libro “Os contos de así foi”, a nebulosa da Trompa do Elefante envolve á nebulosa de emisión e o cúmulo novo de estrelas IC 1396, na afastada e elevada constelación Cepheus. Claro está que a trompa de elefante cósmica ten uns 20 anos luz de lonxitude. Esta composición foi gravada ao través de filtros de banda estreita que transmiten a luz procedente dos átomos de osíxeno, xofre e hidróxeno ionizado da rexión. A imaxe resultante salienta as cristas inclinadas cara atrásque perfilan paquetes de po frío e gas interestelares. Estas nubes con forma de gabián, incrustadas e escuras, conteñen o material bruto para a formación estelar e agochan protoestrelas no interior do po cósmico escuro. A case 3.000 anos luz de distancia, o relativamente feble complexo IC 1396 cobre unha rexión grande do ceo, abarcando uns 5 graos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente