Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SETI Institute

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SETI Institute

A superficie de Europa

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SETI Institute

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SETI Institute

Explicación: esta imaxe, en cores salientadas, cobre unha franxa de 350 por 750 quilómetros ao través da superficie da abraiante lúa Europa de Xúpiter. O primeiro plano comina datos de imaxes en alta resolución con datos de cor de resolución máis baixa procedentes de observacións feitas en 1998 pola sona espacial Galileo. Pénsase que asfracturas longas, as chairas lisas de xeo e os blocos de terreo caótico embarullados agochan un océano fondo e subterráneo de auga líquida e salgada. Aínda que o mundo acuático alieníxena está fora da zona habitable do Sistema Solar, estudos novos amosan a química potencial que dirixe a súa produción de osíxeno e hidróxeno, un indicador chave da enerxía dispoñible para a vida, que podería producir cantidades comparabales a escala do planeta Terra. O hidróxeno sería xerado polas reaccións químicas da auga salgada en contacto co solo océanico rochoso. O osíxeno e outros compostos que reaccionan co hidróxeno virían da superficie de Europa.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.