Xoves 25 Abril 2024

A sonda Akatsuki retrata a noite de Venus

Créditos da imaxe e copyright: ISAS, JAXA
Créditos da imaxe e copyright: ISAS, JAXA

Explicación: por que Venus é tan diferente da Terra? Para axudar a averigualo, Xapón lanzou a nave espacial robótica Akatsuki que entrou en órbita ao redor de Venus a finais do ano pasado tras unha aventura de cinco anos non planificada polo interior do Sistema Solar. Aínda que a Akatsuki sobrepasou o seu tempo de vida inicial previsto, a nave mailos seus instrumentos está a operar tan ben que gran parte da súa misión orixinal foirestablecida. Na imaxe publicada tirada pola Akatsuki a finais do mes pasado, captouse a Venus en luz infravermella amosando unha cantidade de estrutura atmosférica na súa faciana nocturna abraiante. A franxa vertical e laranxa do terminador entre a noite e o día é tan ampla porque a luz se esparexe pola grosa atmosfera de Venus. A Akatsuki, tamén coñecida coma Orbitador Climático de Venus, ten cámaras e instrumentos queinvestigarán o que descoñecemos sobre o planeta, incluíndo se hai volcáns aínda activos, se hai lóstregos na densa atmosfera e por que a velocidade dos ventos excede enormemente a velocidade de rotación do planeta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón