Sombra do rover Opportunity en Marte

A sombra dun robot marciano

Sombra do rover Opportunity en Marte

Créditos da imaxe: MarsExploration Rover Mission, JPL, NASA.

Explicación: Unha sombra non humana en Marte? Pois é o rover Opportunity que actualmente explora Marte. Dende principios de 2004, o Opportunity está a explorar o planeta vermello, encontrou evidencias de auga antiga e enviou unhas imaxes impresionantes do Sistema Solar interior. A fotografía, tomada en 2004, mostra o Opportunity no cráter Endurance de costas ao Sol e contemplando a súa propia sombra. Na parte inferior vense dúas rodas e, ao fondo, o chan e as paredes do insólito cráter. O Opportunity continúa a súa longa camiñada explorando o estraño terreo de Meridiani Planum e dando pistas sobre a historia antiga de Marte, do Sistema Solar e, mesmo, da humanidade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.