Mércores 24 Abril 2024

A noite do Altiplano

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: a Vía Láctea é enormemente brillante nesta fría e despexada noite de altiplano. A 4.500 metros a súa reflexión nun río, un cumio volcánico no horizonte afastado, é captado nesta panorámica montada baixo os ceos naturalmente escuros das terras altas setentrionais de Chile, preto de San Pedro de Atacama. Xunto co plano da eclíptica, tamén se salienta unha franxa de luz zodiacal, estendida por riba da Vía Láctea cara a parte superior esquerda. Na escena de finais de abril, uns brillantes Marte, Saturno e Antares forman un luminoso triángulo celeste onde a eclíptica se encontra co centro da Vía Láctea. Á esquerda do triángulo, a gran nebulosa de emisión vermello-púrpura Sharpless 2-27, con máis de vinte lúas de diámetro, está centrada ao redor da estrelaZeta Ophiuchi.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150