Créditos da imaxe e copyright: Evangelos Souglakos

Créditos da imaxe e copyright: Evangelos Souglakos

A nebulosa Roseta

No interior desta nebulosa hai un cúmulo estelar de estrelas novas e brillantes denominado NGC 2244

Créditos da imaxe e copyright: Evangelos Souglakos

Créditos da imaxe e copyright: Evangelos Souglakos

Explicación: parecería tan adorable a nebulosa Roseta con calquera outro nome? A denominación de NGC 2237 do eslamiado New General Catalog non semella diminuír a aparencia desta floreada nebulosa de emisión. No interior da nebulosa hai un cúmulo estelar de estrelas novas e brillantes denominado NGC 2244. Estas estrelas formáronse hai uns catro millóns de anos a partir de material nebular e os seus ventos estelares están a aclarar un burato no centro da nebulosa, aillado por unha capa de po e gas quentes. A luz ultravioleta procedente de estrelas quentes do cúmulo fai brillar a nebulosa que a arrodea. A nebulosa Roseta abarca uns 100 anos luz, atópase a uns 5000 anos luz de distancia e pode ollarse cun pequeno telescopio cara á constelación do Unicornio (Monoceros).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.