A nebulosa Roseta en hidróxeno e osíxeno

A nebulosa Roseta en hidróxeno e osíxeno

A nebulosa Roseta en hidróxeno e osíxeno

Créditos da imaxe e copyright: Arno Rottal.

Explicación: a nebulosa Roseta non é a única nube cósmica de gas e po que evocaimaxe das flores; pero é a máis famosa. No bordo dunha gran nube molecular en Monoceros, a uns 5.000 anos luz de distancia, os pétalos desta rosa son realmente unha gardería estelar cunha forma encantadora e simétrica que é esculpida polos ventos e a radiación procedente do seu cúmulo central de estrelas novas e quentes. As estrelas do potente cúmulo, catalogado coma NGC 2244, teñen só uns poucos millóns de anos de idade, mentres que a cavidade central da nebulosa Roseta, catalogada coma NGC 2237, ten uns 50 anos luz de diámetro. A nebulosa pode ollarse de primeira man cun telescopio pequeno cara a constelación do Unicornio (Monoceros).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.