A nebulosa planetaria Mz3: a nebulosa Formiga

A nebulosa planetaria Mz3: a nebulosa Formiga

A nebulosa planetaria Mz3: a nebulosa Formiga

Créditos da imaxe: R. Sahai (JPL) et al., Hubble Heritage Team, ESA, NASA.

Explicación: por que non é esta formiga unha esfera grande? A nebulosa planetaria Mz3 está a ser liberada por unha estrela semellante ao noso Sol que é, seguramente, redonda. Xa que logo, por que o gas que está a fluír crearía unha nebulosa con forma de formiga que claramente non é redonda? Os indicios incluirían a elevada velocidade de 1.000 quilómetros por segundo do gas expulsado, a lonxitude de anos luz da estrutura mailo magnetismo da estrela que se pode ollar por riba do centro da nebulosa. Unha resposta posible é que Mz3 está agochada por unha segunda estrela máis feble que orbita preto da estrela brillante. Unha hipótese mantén que os propios xiros da estrela central mailo campo magnético están a canalizar o gas. Como a estrela central semella ser similar ao noso Sol, os astrónomos agardan que a mellor comprensión da historia desta xigante formiga espacial poida proporcionar unha comprensión útil para o futuro posible do noso propio Sol e a Terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.