Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet).

Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet).

A nebulosa Gaivota

Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet).

Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet).

Explicación: unha ampla estensión de gas e po brillantes presenta unha faciana parecida a un paxaro para os astrónomos do planeta Terra, o que suxire o seu alcume popular; a nebulosa Gaivota. Este retrato do paxaro cósmico cobre unha ampla franxa que atravesa o plano da Vía Láctea, preto da dirección de Sirius, a estrela alfa da constelación Canis Major. Por suposto, a rexión inclúe obxectos con outras designacións do catálogo: especialmente NGC 2327, unha rexión poeirenta de emisión cunha estrela masiva incrustada que forma a cabeza do paxaro (alias a nebulosa Loro, por riba do centro). O complexo de nubes de gas e po con estrelas novas e brillantes, dominado polo brillo avermellado do hidróxeno atómico, abarca uns 100 anos luz a unha distancia estimada de 3.800 anos luz.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.