Explicación: as nubes de gas en rápida expansión marcan o fin dunha estrela central dentro da nebulosa da Cabaza. A estrela, que antes era normal, esgotou o seu combustible nuclear facendo que se contraesen as rexións centrais nunha anana branca. Parte da enerxía ceibada provoca que a envoltura máis externa na estrela se expanda. Neste caso, o resultado é unha fotoxénica nebulosa planetaria. Cando o gas a un millón de quilómetros por hora mete presión no gas interestelar do arredor fórmase unha fronte de choque supersónica en que o hidróxeno mailo nitróxeno ionizados brillan en azul. O gas e o po abundantes agochan a estrela central moribunda. A nebulosa da Cabaza, tamén coñecida coma a nebulosa do Ovo Podre, e OH231.8+4.2 desenvolverán, probablemente, unha nebulosa planetaria bipolar completa durante os vindeiros mil anos. A nebulosa que se publica aquí ten un tamaño duns 1,4 anos luz e atópase a uns 5000 anos luz de distancia cara á constelación de Puppis.