Créditos da imaxe e copyright: Marco Lorenzi.

Créditos da imaxe e copyright: Marco Lorenzi

A nebulosa do Chintófano Escuro

Créditos da imaxe e copyright: Marco Lorenzi.

Créditos da imaxe e copyright: Marco Lorenzi

Explicación: a encantadora nebulosa do Chintófano Escuro vaga polos ceos meridionais, un obxectivo sedutor para prismáticos na constelación Musca, a Mosca. A poeirenta nube cósmica óllase contra ricos campos estelares xusto ao sur da destacada nebulosa Saco de Carbón e a Cruz do Sur. Estirándose uns 3 graos atravesando a escena, o Chintófano Escuro está alfinetado no seu cumio sur (parte baixa esquerda) polo cúmulo estelar globular NGC 4372. Por suposto, NGC 4372 deambula polo halo da nosa galaxia Vía Láctea, un obxecto do fondo a uns 20.000 anos luz de distancia e só por casualidade na liña de visión do Chintófano Escuro. A silueta ben definida deste pertence á nube molecular Musca, pero coñécese mellor polo seu alcume aliterativo (N.T.: isto dase no orixinal inglés “Dark Doodad”; na tradución pérdese a aliteración) acuñado por primeira vez polo escritor e astrofotógrafo Dennis di Cicco en 1986 mentres ollaba ao cometa Halley desde o interior australiano. O Chintófano Escuro está a uns 700 anos luz de distancia e ten uns 30 anos luz de lonxitude.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.